lunes, 1 de octubre de 2012

Fin deste blogue!

Este curso decidínme a cambiar á plataforma Wordpress para facer o blogue do curso. Atoparédelo aquí. Neste xa hai entradas dabondo e quizais enlaces demais, así que decidín empezar dende cero, anque de seguro vou rescatar máis dun tema ou enlace no novo sitio. 
Convídovos a seguir o novo blogue ou, coma sempre, se vos interesa, podo facervos autores para crear entradas vós tamén e compartir o que vaiades atopando e que vos pareza interesante.


Tamén se me ocorre que se alguén de intermedio 2 quere seguir creando entradas aquí, podo "resucitalo" e pasarlle os bártulos. Estaría encantada. Animádevos!


1 comentario: